Wednesday 01 de May de 2024

O Concello de Boqueixón homenaxea a Carme Mareque Picón no seu cen aniversario


Carmen Mareque Picón, veciña de Deseiro de Arriba, parroquia de Sergude, celebrou este domingo 27 de agosto o seu cen aniversario cunha gran festa na que estivo rodeada de familiares e onde non faltaron a música e moitas sorpresas. Así, a persoa máis lonxeva de Boqueixón compartiu cos convidados a súa torta de fresas e un viño coa súa imaxe, ademais de corear as súas cancións favoritas coas pandereteiras presentes.

O Concello de Boqueixón quixo sumarse á celebración e o alcalde, Ovidio Rodeiro, fíxolle entrega dun ramo de flores. Tamén se sumaron á celebración os concelleiros de Servizos e Obras Públicas, Manuel Fernández Munín, e de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis. Carmen confesoulles que o segredo da súa lonxevidade é ser unha persoa traballadora durante toda a súa vida.